Etiquetas
Por segundo ano consecutivo, o Departamento de música do IES As Barxas acadou un dos premios que otorga a Fundación GSD de Innovación de Educativa. No curso pasado fora polo noso proxecto de ensinanza da música poñendo no acento na creatividade e nas novas tecnoloxías a través da rede, o Obradoiro Músicasbarxas, esta vez é por Alto alto como una montaña, un proxecto de creación de contidos e iniciativas para a educación e a integración do alumnado con Trastorno do espectro do autismo, TEA, que compartimos co CEP Santa Mariña, de Redondela, o IES Ribeira do Louro, de Porriño, e o Centro Vínculo Atención Temprana, de Moaña e con moitas persoas que veñen colaborando desinteresadamente neste esforzo compartido.
En palabras do xurado: “El jurado quiere destacar la sensibilidad con la que se afronta la educación del alumnado con autismo en este proyecto, con la elaboración de un material propio y la implicación de las familias, personal del Centro y otros profesionales. Un proyecto que se viene realizando desde 2012, estando muy bien referenciado y difundido en la red.
El jurado desea felicitar a aquellas personas que, sin citar específicamente, han posibilitado que este proyecto sea una realidad.”
Desde aquí queremos facer partícipes do premio moi especialmente á parte musical do proxecto, na que participan Montse Ogando, Victor Castro, Franc Górriz e Aleixo Jablonski.
Agradecemos unha vez máis ao xurado dos premios GSD Innova e felicitamos á fundación por unha iniciativa que anima a seguirmos traballando polos procesos de mellora no eido educativo.
Aquí está a entrada no blog Alto alto como una montaña con máis info.
A entrega dos galardóns será o próximo 3 de febreiro no Instituto Cervantes, en Madrid.
Imos!