Diso se trata; este curso estamos empeñados en partir da nosa webserie para producirmos recursos educativos relacionados coa aprendizaxe de linguas. Así que aí estamos, profes e alumnado, dándolle caña; subtitulando e creando actividades, nas que van ter unha presenza moi importante as relacionadas coa diversidade funcional.
Aí tedes para abrir boca, o Episodio I subtitulado ao francés polo alumnado de 4ºESO e o de 1º de Bacharelato, coordinados pola profe María González.
Un ano máis o departamento de música do IES As Barxas foi galardoado cun dos premios Olloboi. Esta vez foi afortunada a nosa webserie Seminario 5, que levou o Olloboi fotoxénico (o da mellor fotografía), pero tamén recollemos os diplomas doutros dos nosos videos finalistas como O verme e a estrela, Linguaquetraba, Galiza latina e Lazy pandas.
Ata Boiro fomos unha representación do alumnado e do profesorado participante e, nunha divertidísima cerimonia, fomos testemuñas do afianzamento dun certame que é xa a referencia para todos os que adicamos parte importante do noso traballo ao audiovisual escolar galego.
Parabéns aos 60 centros que presentaron 149 videos en total a unha cita que é un verdadeiro orgullo para tod@s @s docentes.
Un ano máis gañamos un dos premios Videoghit, que convoca o IES Pintor Colmeiro de Silleda. O galardón foi para Galiza latina. Moitos parabéns a Jeremías e a tutti no Obradoiro Músicasbarxas!
Un ano máis tamén estamos nominados aos premios Olloboi, os “oscars” do audiovisual escolar galego.
Son 7 nominacións:
Seminario 5: Fotoxénico, Guión orixinal e Zamburrioi (o que concede a asociación Marearte, que impulsa o certame).
Pois si, xa son públicos os primeiros dous episodios do proxecto de primeiro de bacharelato que tanto está dando que falar por Galiza e resto do planeta.
Aquí os tedes nunha edición “pack” para os amantes da sesión contínua.
Aquí está o teaser da webserie realizada pola produtora audiovisual do departamento de música do IES As Barxas.
Despóis de meses de traballo, de comezar do cero absoluto cos guións literarios, técnicos, cos partes de cámara, de son…temos o pracer de convidarvos a tutti á estrea da primeira tempada, que terá lugar o 8 de maio na nosa canle de youtube MúsicasBarxas.