Etiquetas
Despois duns meses de duro traballo de composición, arranxos e gravación de novas cancións, comezamos onte a filmar os video clips deste curso. De momento non contamos máis nada que andamos moi ocupados.
😉
09 Xoves Mar 2017
Etiquetas
Despois duns meses de duro traballo de composición, arranxos e gravación de novas cancións, comezamos onte a filmar os video clips deste curso. De momento non contamos máis nada que andamos moi ocupados.
😉
31 Martes Mai 2016
Etiquetas
Aquí tedes como aparece recollida a noticia deste novo recoñecemento ao noso traballo no Faro de Vigo e en Morrazo al día.
Parabéns Chic@s!!!
17 Xoves Dec 2015
Diso se trata; este curso estamos empeñados en partir da nosa webserie para producirmos recursos educativos relacionados coa aprendizaxe de linguas. Así que aí estamos, profes e alumnado, dándolle caña; subtitulando e creando actividades, nas que van ter unha presenza moi importante as relacionadas coa diversidade funcional.
Aí tedes para abrir boca, o Episodio I subtitulado ao francés polo alumnado de 4ºESO e o de 1º de Bacharelato, coordinados pola profe María González.
01 Luns Xuñ 2015
Etiquetas
Un ano máis o departamento de música do IES As Barxas foi galardoado cun dos premios Olloboi. Esta vez foi afortunada a nosa webserie Seminario 5, que levou o Olloboi fotoxénico (o da mellor fotografía), pero tamén recollemos os diplomas doutros dos nosos videos finalistas como O verme e a estrela, Linguaquetraba, Galiza latina e Lazy pandas.
Ata Boiro fomos unha representación do alumnado e do profesorado participante e, nunha divertidísima cerimonia, fomos testemuñas do afianzamento dun certame que é xa a referencia para todos os que adicamos parte importante do noso traballo ao audiovisual escolar galego.
Parabéns aos 60 centros que presentaron 149 videos en total a unha cita que é un verdadeiro orgullo para tod@s @s docentes.
24 Domingo Mai 2015
Etiquetas
a lingua que traba, audiovisual escolar galego, boiro, obradoiro músicasbarxas, olloboi 2015
Un ano máis gañamos un dos premios Videoghit, que convoca o IES Pintor Colmeiro de Silleda. O galardón foi para Galiza latina. Moitos parabéns a Jeremías e a tutti no Obradoiro Músicasbarxas!
Un ano máis tamén estamos nominados aos premios Olloboi, os “oscars” do audiovisual escolar galego.
Son 7 nominacións:
Seminario 5: Fotoxénico, Guión orixinal e Zamburrioi (o que concede a asociación Marearte, que impulsa o certame).
Linguaquetraba, O verme e a estrela e Galiza latina: DJ (música orixinal)
Lazy pandas: Especial embarcacións tradicionais.
A ceremonia de entrega de premios o vindeiro sábado 30 de maio enBoiro
Imos!
🙂
09 Sábado Mai 2015
Etiquetas
Pois si, xa son públicos os primeiros dous episodios do proxecto de primeiro de bacharelato que tanto está dando que falar por Galiza e resto do planeta.
Aquí os tedes nunha edición “pack” para os amantes da sesión contínua.
🙂