Cos Premios Olloboi

Esta semana pasaron polo IES As Barxas @s amig@s do certame de audiovisual escolar galego de referencia, os Premios Olloboi, para realizar unha entrevista e coñecer máis a fondo o traballo que realizamos no Departamento de música.

Co gallo do seu décimo aniversario van realizar un documental no que fomos convidados a participar, o que supón unha honra para o noso insti

Deixamos aquí un dos nosos traballos acreedores dun premio Olloboi, o de Mellor Banda Sonora, na edición de 2017. Cos nosos mellores desexos para unha iniciativa tan chula e tan ben feita e para que máis cedo que tarde poidamos volver a producir como antes.

Ánimo a tutti!!!

Danza Medieval

A canle de youtube do profe de danza Carlos Blanco, Danza Histórica en el Europa Cortesana, é un fantástico recurso para achegarnos a unha disciplina que, ainda que tratamos específicamente na materia de Historia da Música e da Danza, de 2º de bacharelato, pode ser perfectamente útil para tod@s!

Vai aí o vídeo que se centra na Idade Media.

😉

https://www.youtube.com/channel/UCZp0_EE5N_7s_XIuVRoZQ0Q

Normas COVID19

Concordando coas instrucións da Consellería de Educación do 28 de agosto de 2020, o Departamento de Música do IES As Barxas adapta o seu espazo e actividade lectiva para cumprir coa normativa vixente relacionada coa prevención da COVID19. Engadimos este documento ao protocolo COVID do IES As Barxas.

Normas xerais para a aula de música:

  1. O profesorado ten que recoller ao alumnado na aula de referencia e deixalo na mesma despois da sesión.  O alumnado gardará a distancia de seguridade e manterase pola marxe dereita do corredor.
  2. O alumnado entrante na aula de música ten que hixienizar as mans á entrada na aula e desinfectar cos medios dispoñibles (xel hidroalcohólico, papel desbotable…) o material de aula susceptible de ser empregado: baquetas, instrumentos de láminas, piano, percusión, instrumentos de corda, etc, ademáis das cadeiras.
  3. O alumnado manterá correctamente posta a máscara de seguridade.
  4. Non poderá compartir o material propio: lápices, caderno…
  5. Canto e frauta de bico: Na aula non podemos empregar o formato grande, pois a distancia de seguridade está establecida en tres metros pola Consellería de Educación, o que nos obriga a realizar quendas de grupos máis pequenos e adaptar o repertorio.
  6. Actividades de danza e movemento: Manter ventilación constante na aula deixando as fiestras abertas.
  7. É preceptiva a ventilación da aula entre dúas clases consecutivas.
  8. Como temos cadeiras pregables podemos adaptar a aula en función das actividades.
  9. A aula foi adaptada para optimizar o espazo útil, retirando todo o mobiliario prescindible.
  10. Naquelas clases nas que o alumnado ten que estar no pupitre as distancias están marcadas a 1,5 mtrs, tal como establece a normativa.
  11. Cando o alumnado sae ao encerado desinfectará previamente os rotuladores e o borrador

Clases no Salón de Actos:

As clase do Obradoiro de Música 1º ESO van ser impartidas no Salón de Actos.  O alumnado manterá a distancia de seguridade preceptiva e se desinfectará o material de aula compartido. Así mesmo, realizarase a hixienización de mans na entrada.  Promocionaremos algunhas actividades ao aire libre.

Polo demáis, rexen as mesmas normas que na aula de música.

Aula de música on line:

Coa experiencia do curso anterior, o Dpto. de música vai facer máis actividades na plataforma Edixgal e na Aula Virtual do noso IES, adaptándonos ás novas circunstancias.

Conexións, a curta que coroa o noso Erasmus +

Etiquetas

, ,

30814116_1601553113232778_4498234046314273481_o

O proxecto do SAFTAS, do Erasmus + no que estivemos comprometidos no IES As Barxas tres longos anos, rematou. A nosa curtametraxe levou o premio do xurado profesional (Mehdi Charef and Isabelle Ingold), nun festival internacional que tivo lugar en La Flèche, Francia, apadriñado polo mesmiño Costa Gavras.
Eis a foto que sacamos esta mañá. Non estamos tod@s, pero, unha vez máis, aí estamos. Amosando o noso esforzo co audiovisual, coa aprendizaxe das linguas e coa música.
Moitas grazas a Sandrine Cinéma e a todxs xs compañeirxs de aventura por tanto traballo e tanto compromiso.

Aquí tedes  “Conexións”, a curtametraxe que rodamos en inglés, con banda sonora orixinal realizada polo alumnado de música do IES As Barxas, incluida a canción “Dous cans fanados”.

Avante!

 

 

Novo premio para xs músicxs do IES As Barxas

DSC_0032

Pois si, aínda estamos a celebrar o terceiro premio ao mellor traballo musical dos I Premios á Xuventude da Deputación de Pontevedra.  Un galardón do que estamos especialmente orgullosos posto que non se trataba dunha categoría puramente escolar.

Fomos á gala de entrega dos premios, a Pontevedra, e Antía e Julieta interpretaron alí, en directo “Aínda que sexa un soño”, a canción gañadora, incluida na curta musical do mesmo nome que xa ten acadados varios recoñecementos en diversos certames de audiovisual escolar.

Seguimos!

 

 

Feliz verán a tutti!

Etiquetas

, ,

Outro curso que se foi, cada vez semella que máis rápido!

Outro curso de traballo, proxectos e problemas que solucionar.  Toca agora recargar as pilas para vir con forza o curso que ven.  Aos que vos quedou algunha para setembro pois…que vos imos dicir? A darlle, que o verán dá para todo!

😉

Gañamos o Olloboi!

Captura de pantalla 2017-06-12 a las 0.51.22

Si, e xa van 6!

O pasado venres 10 de xuño foi a ceremonia dos Premios Olloboi, os verdadeiros Oscars do audiovisual escolar galego e o noso vídeo Aínda que sexa un soño acadou o Olloboi á mellor BSO, co que xa son dous, xunto ao Videoghit, que leva acadados esa canción tan chula escrite e interpretada por alumnado de 4º ESO e 1º Bach do IES As Barxas.

Estamos moi felices e agradecidos ao xurado e  moi agradecidos tamén ao profesorado e ao alumnado do IES A Cachada, de Boiro, que, ano si e outro tamén, poñen en marcha unha iniciativa que ben merece de maís atención por parte de todxs e máis axuda das autoridades educativas.

Parabéns a todxs xs participantes!

O ensino de Finlandia faise aquí!

 

Gañamos un Videoghit!

Etiquetas

, ,

Si! Nos premios convocados polo IES Pintor Colmeiro de Silleda acabamos de gañar o Videoghit á mellor interpretación vocal.  Todos os parabéns do mundo ao grupo de 1º Bach que realizou o vídeo, especialmente á alumna Antía González, a voz principal na peza.  E parabéns ao grupo de 4ºDIV do curso 2015 – 2016! Eles compuxeron Aínda que sexa un soño, unha canción moi chula, estupenda contribución ao escaso repertorio de pop adolescente en galego.

O noso recoñecemento tamén para o profe (de filosofía) Suso Sulleiro, que leva xa uns cantos anos organizando este certame centrado no audiovisual e na música na nosa língua. As cousas non saen da nada, saen do traballo duro e do compromiso de profesionais coma Suso.  Para nós é unha verdadeira honra participar nesta iniciativa.

E non queremos esquecer tampouco darlles os parabéns aos demáis premiados, e a todos os participantes.  Tedes toda a info aquí.

Seguimos!

 

Aínda que sexa un soño

Etiquetas

,

A longa tempada que levamos de rodaxes e composicións esta dando froitas tan interesantes como este video clip que é unha curta musical e tamén silenciosa, na que o alumnado de 1º Bach deste curso escenifica unha composición orixinal do alumnado de 4º DIV do curso pasado.

Fenomenal tutti!